Blogia
Pan do Porriño

Breve historia do Pan do Porriño

            Coñecido é en boa parte de Galicia, a sona do “Pan do Porriño”. A súa calidade e tradición, que se remonta ó século XVIII, fan del un producto galego que aspira a ampliar mercados mantendo á súa tradicional elaboración. Tradición que habitualmente se remonta á instalación de diversos fornos de cocción que no século XVIII suministraban pan á comarca e sobor de todo á Guarnición Militar de Tui, na época en que foi capital de provincia. Coñecido como “pan de munición”, as tropas francesas utilizaron ese pan como suministro habitual na súa estancia na nosa comarca, baixo as órdenes do general Dupont na invasión francesa de inicios do século XIX.

 

            Sendo como é ademais un producto no que prima a calidade, e para potenciar a súa distribución, xurdiu no ano 2005 a Asociación de Panadeiros do Porriño, unha asociación promovida polo Concello do Porriño para potenciar a tradición panadeira e salvagardando o segredo da súa elaboración e promovendo actuacións que fagan del un producto que conte cos máis altos certificados de calidade.

 

            Para elo, a Asociación ten entre os seus fins fundacionais, a agrupación de todos os panadeiros do Porriño, en aras de conquerir a Certificación de Producto “Galicia Calidade” e traballar, como xa teñen feito outros productos similares, na procura dunha Denominación de Orixe para o “Pan do Porriño”.

 

O “Pan do Porriño” véndese e toda a comarca e área metropolitana de Vigo, e non é de extrañar observar en diversas tendas de Vigo o cartel de “Temos Pan do Porriño”

 

            Na actuialidade, a Asociación, recentemente constituida, e que conta cunha ducia de panadeiros asociados, traballa xa en diversos proxectos para dar a coñecer o pan que elaboran, mellorar os procesos de caldiade e marketing, sen descuidar o proceso tradicional de elaboración.

 

            Sen dúbida, a forma máis coñecedida de elaborar o “Pan do Porriño” é a a bola de pan, a pesares de que tamén se fabrica en barra. Os novos hábitos alimenticios e a aparición de pan manufracturado e con conservantes, levou taména  aesta asociación a facer unha defensa e chamanento sobre a calidade do “Pan do Porriño”, e a defender as súas virtudes naturais fronte a un consumo de pan industrial. O “Pan do Porriño” é un alimento de grandes propiedades nutritivas que conserva a súa fama polo “segredo” da súa elaboración, que fai del un producto de moi bó sabor e cunhas excelentes condicións de conservación.

 

     

0 comentarios